#empregoverde

Sector
industrial e terciario

Sector industrial e terciario

A biomasa consolidouse como unha fonte enerxética clave para o sector terciario e industrial en Galicia, ofrecendo solucións térmicas fiables, eficientes e sostibles. A súa competitividade fronte aos combustibles fósiles e a estabilidade no prezo do biocombustible favoreceron a súa implantación progresiva en instalacións e procesos produtivos.

No sector terciario, emprégase principalmente para calefacción e produción de auga quente sanitaria (AQS) en centros educativos, hospitais, instalacións deportivas, hoteis, edificios municipais, centros comerciais e oficinas. Os combustibles máis utilizados son o pellet e a estela, pola súa dispoñibilidade, subministración estable e facilidade de automatización, o que permite cubrir demandas térmicas continuas e mellorar a eficiencia enerxética dos edificios.

No ámbito industrial, a biomasa medrou de forma significativa grazas á existencia de equipos adaptados a distintos procesos térmicos. Actualmente hai sistemas capaces de producir auga quente, vapor, aceite térmico e calor de proceso. Estes equipos poden empregar pellets, estela, serrín, subprodutos da madeira, restos agrícolas ou cultivos enerxéticos, con potencias que van desde instalacións medianas ata grandes sistemas industriais, adaptándose ás necesidades de cada actividade.

A continuación descríbense os compoñentes básicos dunha instalación térmica de biomasa:

Caldeira de biomasa

Equipo que transforma a enerxía contida no biocombustible en calor útil para calefacción, ACS ou procesos industriais. Inclúe a cámara de combustión, queimador, intercambiador e sistemas de control integrados, garantindo un funcionamento eficiente e estable.

Sistema de alimentación da caldeira

É o mecanismo que transporta o combustible desde o silo ata a caldeira.
Pode consistir en:

Silo de combustible

Depósito de almacenamento de combustible. No caso do pellet adoitan empregarse silos de obra e no caso da estela, silos semienterrados de obra.

Sistema de almacenamento

Depósito onde se almacena a biomasa.

Segundo o tipo de combustible:

O silo determina a autonomía do sistema e debe garantir condicións axeitadas de ventilación e humidade.

Sistema de control

Conxunto de dispositivos que permiten a regulación automática da instalación.
Inclúen termostatos, sondas, cadros electrónicos e software de programación para axustar horarios, temperaturas de consigna, modulación de potencia e funcionamento de bombas e ventiladores.

Acumulador de inercia

Depósito de auga que almacena enerxía térmica para mellorar a estabilidade do sistema.
Permite:

É especialmente importante en caldeiras de estela e leña.

Instalación hidráulica

Conxunto de compoñentes que conectan a caldeira co circuíto térmico do edificio ou proceso industrial.

Inclúe:

Garante un transporte eficiente e seguro da auga quente ou do fluído térmico.

Instalación eléctrica

Sistema encargado de subministrar electricidade á caldeira, ao queimador, ás bombas e ao sistema de alimentación do combustible. Inclúe proteccións eléctricas, cadros de manobra e elementos de automatización que aseguran un funcionamento seguro.

Condutos de fumes

Sistema destinado a evacuar os gases da combustión. Recoméndase o uso de chemineas de aceiro inoxidable de dobre parede con illamento, que melloran o tiro e minimizan a condensación e as perdas de calor.

Sala de caldeiras

Recinto onde se sitúa a caldeira e os seus elementos auxiliares. Debe cumprir coa normativa vixente en materia de seguridade, ventilación e accesibilidade, e dispoñer de espazo suficiente para as tarefas de mantemento e revisión.

Sector industrial e terciario

Esquema da instalación de biomasa no Hospital Naval de Ferrol
Fonte: Termosun