Canto custa?

O prezo da biomasa depende do tipo de combustible, da súa calidade, do formato de presentación e dos custos loxísticos asociados. En Galicia, os prezos teñen amosado unha grande estabilidade nos últimos anos, ofrecendo unha alternativa competitiva fronte a combustibles fósiles como o gasóleo ou o gas natural.