Facilitar as canles para que os cidadáns presenten queixas e suxestións dos seus servizos, constitue un compromiso asumido polo Inega.
Normativa: Decreto 164/2005, do 16 de Xuño (artigos 5, 25 a 29).
Acceso ao formulario, tendo en conta que, a información que poda manifestar así como os seus datos persoais teñen garantida a súa confidencialidade pola Lei orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais - LOPD GDD, e usaranse unicamente con fins estatísticos, así como para valorar ou reparar o grao de satisfacción dos servizos prestados polo Inega.
Tamén poderá presentar as suas recomendación no portal da Xunta de Galicia, ou chamando o número de atención ao cidadan 012.
Agradecemos a súa colaboración por canto poda redundar na mellora da calidade dos servizos que presta a nosa Administración.