Galicia conta cunha ampla rede de distribuidores de biomasa que subministran pellets, astela, leña e briquetas en todo o territorio. Para facilitar a súa procura, poñemos á túa disposición un mapa actualizado cos principais provedores, entre os que se atopan todos os socios do Clúster da Biomasa de Galicia, e que inclúe información de contacto, tipo de combustible dispoñible e área de servizo.