
Marsella (Francia), 26/04/2021 - 29/04/2021
EUBCE é a maior conferencia e exposición de biomasa no mundo.
Cada ano, EUBCE reune aos mellores expertos e últimos avances en biomasa, co propósito de acelerar a investigación e o asentamento do sector a nivel mundial. Durante a conferencia, uns 2.000 expertos, tanto académicos como da industria, compartirán e debaterán ideas innovadoras, tecnoloxías, aplicacións e solucións para as fontes, a produción e os usos da biomasa. O programa científico estará coordinado polo “Joint Research Centre” da Comisión Europea.
A intención é organizar a conferencia EUBCE 2021 como un evento presencial na fermosa localidade de Marsella. Con todo, dada a situación actual da pandemia Covid-19, ofrecemos agora xa a oportunidade de participar na e- EUBCE 2021, a nosa edición en liña. Aínda que lamentamos non poder coñecelos en persoa, tamén esperamos con moita ilusión aos contribuíntes e á audiencia que non poidan participar na EUBCE.