
Silleda (Pontevedra), 04/11/2021 - 06/11/2021
A Feira Internacional de Galicia ABANCA volverá converterse en referente para o sector da enerxía coa celebración de Enerxétika, nome da até agora Feira da Enerxía de Galicia. Un certame que chega á súa terceira edición renovando a súa denominación, co obxectivo de non acoutar o evento e adecuarse así á súa importante evolución (un 11,8% máis de expositores, unha superficie un 27,6% maior e un 13,3% máis de visitantes) e a unha crecente internacionalización. A súa clave será a converxencia de empresas, institucións, profesionais e usuarios nun foro con presenza de todos os tipos de enerxía, desde as renovables ás convencionais pasando pola mobilidade, a eficiencia enerxética ou a eco-construción.