Casos de éxito

Insertable de leña para calefacción en vivenda unifamilar

Sector residencial

Compartir en:

Situación de partida

Proceso
Insertable de leña con sistema de aproveitamento de calor para calefacción por auga quente
Potencia
1 caldeira de 24 kW
Consumo anual
944kg
Combustible
Propano canalizado
Gasto anual
1.132 €

Instalación de biomasa implantada

Ano de instalación
2013
Gasto anual
432 € leña (25€/m3), 178 €/año propano, Total: 610 € €
Potencia
35 kW (leña) e 24 kW (propano)
Silo
20m3 acopio de leña
Combustible
Leña (calefacción) e propano (auga quente sanitaria)
Inversión
6.500 € €
Consumo anual
17,28 m3 madeira carballo e eucalipto, 65 m3 propano
Amortización
12 años

Descrición da instalación

Trátase dunha vivenda unifamiliar (4 membros) que se emprega como único domicilio familiar durante todo o ano e que está situada no concello de Cuntis (Pontevedra). Dispoñía dun sistema de calefacción e auga quente sanitaria subministrado por unha caldeira de 24kW que empregaba gas propano que chegaba canalizado á vivenda. Para rebaixar o consumo instalou un insertable no salón que funciona durante os meses de máis frío e proporciona calor á estancia, aproveitando tamén os gases de combustión para quentar o circuíto de calefacción da vivenda. A inversión permitiu que o gasto enerxético para calefacción e auga quente pasase de 1.132€/ano empregando exclusivamente propano, a 610€/ano empregando leña e propano. Deste xeito, a parte do factor estético da cheminea e do maior confort térmico que produce na estancia, conseguiuse amortizar toda a inversión en 12 anos sen ningún tipo axuda pública.


Voltar