Novas

Aquí atoparás todas as novas e novidades sobre as vantaxes que trae consigo a Biomasa

A PRODUCCIÓN DE PELLET DOMÉSTICO EN ESPAÑA TRIPLICOUSE NOS ÚLTIMOS 7 ANOS CUNS PREZOS ESTABLES

17/09/2019

A PRODUCCIÓN DE PELLET DOMÉSTICO EN ESPAÑA TRIPLICOUSE NOS ÚLTIMOS 7 ANOS CUNS PREZOS ESTABLES

Unha das principais barreiras á hora de apostar pola biomasa e mercar unha estufa ou caldeira de pellet é a falsa crenza de que o pellet é escaso e que o seu prezo se incrementará a medida que aumente o seu consumo.

Pois ben, tal e como xa se prevía por parte do INEGA á hora de elaborar a Estratexia Galega da Biomasa, a producción de pellet iría aumentando en función da demanda a satisfacer e iso sucedería sen un incremento no prezo do pellet.

A aposta dos fogares españois polas estufas e caldeiras de biomasa continua a aumentar e como consecuencia desa maior demanda no ano 2019 a produción de pellet con fins domésticos superará as 700.000 toneladas tras sete anos de exercicios en cifras récord.

Segundo Avebiom e Apropellets a producción nacional de pellets en 2012 superaba lixeiramente ás 200.000t e foi evolucionando de xeito constante, rebasando en 2014 as 400.000t toneladas e preto das 600.000 en 2018. Para o presente ano estiman que a producción superará as 700.000 t, e superará o millón de toneladas de produción no ano 2021.

En canto aos prezos do pellet, dicir que o pellet ensacado no ano 2012 tiña un coste de 4,13 € cada saco de 15kg, e en 2018 o seu custo medio foi de 4,02 € por saco.


Compartir en