Novas

Aquí atoparás todas as novas e novidades sobre as vantaxes que trae consigo a Biomasa

A empresa galega Greenalia foi premiada pola súa planta de biomasa en Curtis-Teixeiro (A Coruña).

30/04/2019

A empresa galega Greenalia foi premiada pola súa planta de biomasa en Curtis-Teixeiro (A Coruña).

A empresa galega Greenalia, que está a construir unha planta de xeración eléctrica con biomasa en Curtis-Teixeiro, acaba de ser premiada co IJGlobal ao Mellor Proxecto Europeo de Biomasa do ano 2018 -European Biomass Deal of the year.

O premio recoñece a Greenalia como unha das mellores operacións internacionais de infraestrutura e enerxía por parte da publicación internacional IJGlobal, especializada en inversión e financiación de proxectos.

A instalación de biomasa que a empresa está a executar en Curtis-Teixeiro suporá unha inversión de 135 millóns de euros, e terá unha capacidade de 50 megavatios en plena actividade. Ata a súa posta en funcionamento prevista para marzo de 2020 a empresa ten previsto xerar máis 1.000 empregos entre directos e indirectos, e despois será capaz de xerar a través de biomasa dos montes galegos a enerxía suficiente para abastecer a máis de 250.000 habitantes.

O responsable da compañía, Manuel García afirmou que “é un orgullo para Greenalia ter sido seleccionado como o mellor proxecto europeo de biomasa. A nosa planta de Curtis-Teixeiro é unha das máis grades de España e a primeira en tecnoloxía. Parte dun proxecto que vai más alá da xeración eléctrica, é unha realidade que xerará beneficios medioambientais, económicos e sociais, promovendo a xeración de emprego, o crecimento económico onde se ubica e contribuindo á producción de enerxía limpa e a prevención dos lumes forestais”.


Compartir en